Nos supermercados da cooperativa os socios e clientes poden acceder a unha ampla gama de produtos de gran consumo e primeiras marcas a prezos moi competitivos. A gran oferta que concentran estes establecementos permite satisfacer as necesidades de alimentación, limpeza do fogar e coidado persoal de toda a familia.

Ademais, Aira comercializa produtos lácteos propios baixo a marca Deleitar, todos eles procedentes das mellores ganderías dos nosos socios e de orixe 100% galego. O leite empregado para elaboralos é recollido diariamente nas granxas da zona e levado posteriormente á planta de procesamento da cooperativa situada en Melide (A Coruña), onde se produce un leite único no mercado e exquisitos derivados lácteos.

A gama de produtos Deleitar engloba leite pasteurizado enteiro, semidesnatado e leite sen lactosa. Todos eles presentados nun novo envase, 100% renovable, que evidencia o compromiso da marca coa sustentabilidade.

Ademais dos leites, baixo a etiqueta Deleitar comercialízanse diversos produtos lácteos como natas, queixos ou unha excelente manteiga clarificada (manteiga cocida de vaca).

Os nosos produtos

Leche Deleitar

Leite

Leite pasteurizado enteiro
Leite pasteurizado semi desnatado
Leite pasteurizado sen lactosa

Mantequilla Deleitar

Manteiga

Manteiga clarificada

Nata Deleitar

Nata

Nata 35% M.G.
Nata 38% M.G.

Queso Deleitar

Queixo

Edam
Gouda
Cheddar
Queixo crema

Quesos Tres Viajeros

Queixos Tres Viajeros

Tetilla D.O.P.
Arzúa-Ulloa D.O.P.

Para máis información consultar: Deleitar.es