Todas as plantas e cultivos necesitan nutrientes en proporcións variables para completar o seu ciclo de vida. Con todo, coas sucesivas colleitas o chan vai diminuíndo a súa reserva de nutrientes e estes deben ser repostos mediante a fertilización.

Os fertilizantes comercializados por Aira adáptanse a cada tipo de cultivo e achegan á terra os nutrientes que esta necesita para producir unha boa colleita. A súa formulación personalizada mellora a calidade do substrato a nivel nutricional e estimula o crecemento vexetativo das plantas.

Os nosos fertilizantes

Bisannia Maíz

Bisannia Millo

A combinación de nutrientes máis adecuada para o cultivo de millo. Garante a dispoñibilidade de nitróxeno durante todo o ciclo. Unha única aplicación para todo o ciclo do cultivo.

Bisannia Viñedo

Bisannia Viñedo

Equilibrio de nutrientes específicos para os viñedos.

Bisannia Huerta y Patatas

Bisannia Horta e Patacas

A súa exclusiva formulación, con materias primas de alta calidade e enriquecida especialmente con magnesio, calcio e xofre, permite obter uns excelente resultados en cultivos hortícolas.

Bisannia Pradera Primavera

Bisannia Pradera Primavera

Deseñado para que as praderías asimilen os nutrientes de forma eficiente no momento en que o necesitan. Ademais, a achega de nitróxeno na primavera acelera o crecemento vexetativo da planta.

Bisannia Pradera Invierno

Bisannia Pradera Inverno

Deseñado para que as praderías asimilen os nutrientes de forma eficiente. A súa aplicación no outono-inverno fixa os elementos nas cantidades adecuadas para favorecer un desenvolvemento óptimo da forraxe.

Bisannia Profer

Bisannia Profer

Todos os nutrientes necesarios para o cultivo atendendo ás súas necesidades nutricionais e tendo en conta a riqueza do chan. Fórmulas personalizadas.