A correcta limpeza das vacas e a hixiene global de todo o proceso de extracción do leite son necesarias para evitar a contaminación dentro e fóra das salas de muxido. O ambiente no que viven os animais está moi relacionado coa calidade do leite, polo que contar con produtos adecuados para garantir a correcta limpeza dos animais e a desinfección de camas, tanques de refrixeración do leite e equipos de muxido resulta esencial para poder ofrecer leite e derivados lácteos de calidade ao consumidor.

Aira dispón dun amplo catálogo de produtos na categoría de hixiene de muxido, que van desde limpadores alcalinos clorados para os equipos de muxido e tanques de refrixeración de leite a líquidos de uso profesional para hixiene da ubre antes e despois do muxido.

Algúns dos nosos produtos

Delagro Cremadip

Cremadip

Crema iodada para períodos de alto risco.

Delagro predip

Predip

Hixiene de mamilas en espuma.

Delagro Naturcop

Naturcop

Produto barreira con extractos de plantas.

Delagro Dexicop

Dexicop

Deterxente desincrustante ácido concentrado. O máis coidadoso cos materiais: gomas, aceiro, etc.

Delagro Xermicop

Xermicop

Potente limpador alcalino clorado para os equipos de muxido e os tanques de refrixeración de leite.