A correcta alimentación dos animais é esencial para maximizar a eficiencia e a rendibilidade dunha explotación, garantir a seguridade alimentaria e lograr que os últimos produtos que chegan ao consumidor final teñan a calidade desexada. Por iso, Aira pon a disposición dos seus socios un amplo catálogo de pensos especialmente deseñados para cubrir as demandas de cada especie e etapa de crecemento.

A formulación a medida permite, ademais, obter racións personalizadas e pensos adaptados nutricionalmente ás necesidades e características das distintas explotacións.