Aira ofrece a todos os seus socios, atendendo ás súas necesidades concretas, un servizo integral de asesoría fiscal, laboral, contable, societaria e administrativa. Grazas a este labor de asesoramento permanente, os gandeiros poden defender mellor os seus intereses xurídicos e comerciais, ademais de xestionar máis habilmente situacións como axudas públicas, catastro, sucesións, particións de herdanza, medicións, valoracións, etc.

Ademais, Aira é copropietaria fundadora da maior correduría galega de seguros especializada no sector agroalimentario: UCOGA. A través dela, Aira ofrece produtos exclusivos a prezos máis competitivos, e coberturas personalizadas capaces de garantir a adecuada cobertura das explotacións e bens dos socios: empresas, fogares, maquinaria, vida, investimentos, etc.